15/8/16

O Estadio de Epidauro


Epidauro  era unha pequena cidade grega da Argólida, península ao noreste do Peloponeso. É principalmente coñecida polo seu santuario de Asclepio, a uns 8 km ao oeste da cidade, e polo seu teatro, que acolle representacións aínda nos nosos días. A cidade grega actual chámase Epídhavro.

En época clásica, Epidauro gozou dun gran renombre grazas ao seu santuario consagrado a Asclepio, onde se practicaba a medicina pola interpretación dos soños. Comprendía varios edificios públicos, entre os cales había un gran templo construído no século IV a. C. En honor de Asclepio organizábanse as Asklepieia, Xogos Panhelénicos pentétericos que comprendía carreiras de cabalo e, a partir do século IV, concursos de poesía. O culto de Asclepio tivo o seu apoxeo na época helenística.

No século IV a.C., o santuario converteuse nun dos principais lugares sagrados do mundo grego. Foi sometido a unha intensa actividade de construción desde o 380 a.C., cando se levantaron o templo de Asclepio, o Tholos, o teatro e algúns pequenos templos.

Cando se introduciron os Xogos nas cerimonias chamadas Asclepia engadiuse o ximnasio, a palestra, o estadio e a maioría de pórticos e termas. Os Xogos celebrábanse cada catro anos.

O Estadio construído na segunda metade do século IV a.C. probablemente sobre unha estrutura similar anterior. Estaba conectado co ximnasio por un corredor subterráneo abovedado. A súa forma era rectangular, de dimensións 181 x 45 m, e estaba rodeado por gradas de pedra en todos os seus lados. Encostada á beira norte, e na súa parte superior, atopábase a palestra, cuxos restos son visibles hoxe en día.

As ruínas de Epidauro foron escavadas a partir do século XIX e permitiron sacar as ruínas do santuario de Asclepio, dun templo de Artemisa, dun tholos, dun templo de Afrodita e sobre todo do teatro.


As ruínas da antiga Epidauro foi nomeadas como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1988.12 O seu ubicación atópase ao suroeste de actual pobo de Palea Epidavros.

Fotos INICIARTE (febreiro 2015)

No hay comentarios: