30/1/17

O Bosco: a iconografía sexual do Xardín das Delicias

"Que o estudo combinado e minucioso das fontes tanto visuais como literarias pode axudarnos a comprender o mundo bosquiano demóstrase con claridade no caso da iconografía sexual da táboa central do Xardín das delicias, que desconcertou e confundiu a máis dun historiador moderno. Nunha monografía recente, (…) Reindert Falkenburg suxire que o tríptico está pensado como unha conversation piece coa que entreter e instruír a un grupo de membros da clase alta ao redor da corte borgoñona de Bruxelas. Unha das súas propostas fundamentais é que o Bosco expuxo unha especie de ´xogo de memoria´ cos seus nobres protectores e primeiros receptores: moitas das súas imaxes espertaban o recordo de ´outras´ que o espectador contemporáneo vira xa noutros contextos ou obras, fosen visuais ou textuais. Falkenburg ofrece numerosos exemplos deste fenómeno (moitos deles referidos á vida e a cultura cortesás  da época tardomedieval), pero quizais é oportuno que engadamos aquí outro máis, pois confirma que ese punto de partida é correcto.


Na táboa central, á esquerda, hai un detalle estraño e ao mesmo tempo algo atrevido: un home está cabeza abaixo na auga, coas pernas abertas e tocándose os xenitais coas mans. Non se advertiu ata agora que o xesto que fai coas súas mans, cos pulgares cruzados e os demais dedos xuntos polas puntas, é un xesto de oración. Vémolo tamén, moi claramente, na táboa dereita do Tríptico da Ascensión da Virxe de Albrecht Bouts: é probable que o home que ten así as mans, que está a rezar arrodillado e acompañado por anxo e unha monxa, sexa un autorretrato do propio pintor. Volvemos atopar exactamente ese mesmo xesto na Virxe do Tríptico de Miraflores de Rogier van der Weyden e na Virxe e o doante da táboa central do chamado Tríptico Bladelin, tambié de Van der Weyden. Na táboa central do Tríptico Portinari de Hugo van der Goes fano a Virxe e un dos anxos que aparecen de xeonllos á súa dereita. E nunha estampa de Martin Schongauer, San Xurxo e o dragón (h. 1470-75), ten as mans nesa mesma posición a princesa pagá Cleodelina, o cal anuncia a súa futura conversión ao Cristianismo. É de advertir que en todos estes casos os orantes teñen as mans preto da cintura, de modo que puideron inspirar ao Bosco a utilización do xesto nun contexto profano.
Tríptico de Miraflores de Rogier van der Weyden 1442-145. Berlín.

Naqueles anos, ao redor de 1500, o Bosco non era o único que dotaba de connotacións sexuais a asuntos relixiosos. En Vanden monick (Sobre o monxe), un fabliau (contos breves e rimados, de tema entretido e realista e que podían conter ou non unha lección moral) escrito cara a 1400 por Willem van Hildegaersberch e conservado en dous manuscritos (un de 1469 e outro de cara a 1480), un dominico é seducido por unha fermosa moza á que deixa embarazada. (…)

Neste (s) texto (s) rezar ou recitar pregarias utilízase como metáfora do acto sexual. Como o home que aparece cabaza abaixo no Xardín das delicias fai coas mans un xesto de oración moi preto dos xenitais, non parece desatinado pensar nunha ambigua referencia á sexualidade. E como está só, sen contacto con outras persoas, é moi plausible que o Bosco refírase aquí ao pecado cun mesmo, é dicir, á masturbación. Para os moralistas medievais, a masturbación era unha das manifestacións do peccatum contra naturam, e polo tanto un dos peores pecados posibles."


Eric de Bruyn. "Textos e imágenes: las fuentes del Bosco" En El Bosco. La exposición del V centenario. Madrid, Museo Nacional del Prado, 2016, pp73-89, cita da páxina 81-83

No hay comentarios: