6/2/17

O Bosco: "O xardín das delicias" animado por Juan Ibáñez

Copio a seguinte entrada de Cultura Inquieta.

Juan Ibáñez (Sevilla, 1955) asegura que a idade física non garda relación coa vitalidade intelectual e emocional. E esta vitalidade é a que se reflicte na súa obra: Un curto animado co escenario e os personaxes do cadro do Bosco, O xardín das delicias. Marcado polos tebeos, Juan Ibáñez, artista multidisciplinar, logra dar vida ao cadro do Bosco. O artista sevillano faino a través da técnica da curtometraxe e a súa voz.

O Bosco é un dos primeiros mestres da historia da arte que introduce nas súas imaxes o compoñente onírico, foi realmente a orixe do surrealismo, pero moitos anos antes, estamos falando do século  XV as súas obras xa mesturaban a fantasía, o humor e a crítica.


A música do seu curto, O xardín das delicias, elaborouna a partir de descartes de músicos anónimos. A voz en off guía o percorrido e enfatiza os versos dos Sonetos a Orfeo de R. M. Riike, "Aínda é hoxe" de M. J. Romeu e "O reloxo" de Charles Baudelaire, que expresan en xénero poético o drama do artista, a súa visión ontolóxica.